“Las bacterias de mi boca”, o monólogo gañador de Andrea Muras

A bióloga pontevedresa, do grupo Aquabiotec da Universidade de Santiago, pasa a final estatal do certame Famelab

A estudante de doutoramento da Universidade de Santiago de Compostela Andrea Muras Mora, do grupo Aquabiotec do Departamento de Microbioloxía e Parasitoloxía, foi seleccionada como finalista do concurso de monólogos científicos FameLab organizado pola FEYCIT, o British Council e Obra Social “la Caixa”.

A semifinal tivo lugar esta fin de semana en Sevilla, e nela participou Andrea xunto con outros11 participantes, seleccionados de entre máis de 70. O seu monólogo ‘Las bacterias de mi boca’ trata da comunicación bacteriana, a placa dental e as enfermidades orais, tema da súa tese de doutoramento, que tamén foi recoñecido en 2016 nos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia da Real Academia Galega de Ciencias.

A final, con só oito participantes, terá lugar en Madrid o 14 de maio e o gañador ou gañadora representará a España na competición internacional que se celebrará en xuño durante o festival de ciencia de Cheltenham (Reino Unido).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.