Os chimpos dos arroaces entre bateas

O BDRI do Grove recolle o momento do salto de dous exemplares de "Tursiops truncatus" entre as plataformas de cultivo da Ría de Arousa

O equipo do BDRI (Instituto para a investigación dos arroaces, polas súas siglas en inglés) do Grove rexistrou unha fermosa escena durante as súas xornadas de traballo nos días pasados, aproveitando a situación anticiclónica. Dous arroaces (Tursiops truncatus) saltando no medio dun polígono de bateas preto da costa do Grove.

“Os dous golfiños implicados, un macho e unha hembra, estaban socializando cando foron gravados polo noso equipo. A poderosa musculatura do pedúnculo caudal dos arroaces permítelles realizar estes saltos”, explican desde o BDRI.

Nestes días, o BDRI levou a cabo unhas xornadas de traballo de campo para coñecer mellor a situación dos arroaces en Arousa e, ao tempo, colaborar na supervivencia da pesca artesanal. É o obxectivo dun novo proxecto de investigación iniciado polo instituto e parte dos traballos de final de máster de estudantes de varias universidades europeas.

“A interacción entre golfiños e pesca nas nosas augas aguas é posiblemente tan antiga como o uso das redes para pescar polo que é fundamental obter datos científicos e obxectivos para coñecer esta realidade”, explican desde o BDRI.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.