“Non son raro”: a campaña para visibilizar as altas capacidades en Galicia

A Asociación Galega de Altas Capacidades presentou este martes en Santiago unha campaña para visibilizar e normalizar a situación das persoas con altas capacidades en Galicia. Son dous vídeos, en versión curta (30 segundos) e larga (2 minutos e medio), dirixos polo realizador Roi Fernández, nos que colaboran o científico Jorge Mira, o actor Antonio Mourelos e a xornalista María Solar.

Estímase que un 3% da poboación é superdotada, e entre un 11 e un 14% ten algún tipo de altas capacidades. Non en tanto, a súa situación no ensino e no eido familiar e social é ás veces difícil debido á ausencia dunha atención específica. Neste senso, a entidade reclama “sensibilidade, empatía e inclusión”, no ensino público. “O talento de mañá está nas aulas de hoxe”, remarcan desde a asociación.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.