Xoves 28 Marzo 2024

A fascinante rexeneración da planaria

Un vídeo amosa como este verme de auga doce se converte en catro individuos novos despois de ser cortado en catro anacos

O xénero das planarias é un interesantísimo campo de traballo para os científicos interesados na rexeneración de tecidos. Cando perden unha parte do seu corpo, acontece algo extraordinario: o individuo volve recuperar a súa situación anterior grazas ás células nai pluripotentes; é dicir, aquelas que se poden diferenciar a partir do seu estado inicial en células dos diferentes tecidos que compoñen un organismo.

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (Fecyt), divulgou esta semana nas súas redes sociais un vídeo onde se pode seguir esta rexeneración ao completo. Despois de que unha persoa corte cun coitelo o corpo dunha planaria, acontece algo fascinante. Ao cabo dunha semana, os catro anacos forman cadanseu organismo novo, mesmo recuperando os ollos e o resto de partes do organismo.

Publicidade

Tal e como explica Francesc Cebrià, profesor do Departamento de Xenética da Facultade de Bioloxía da Universitat de Barcelona, nun artigo en Investigación y Ciencia, “as planarias son uns animais moi especiais porque manteñen unha poboación de células nai  pluripotente sadultas, coñecidas como neoblastos, durante toda a súa vida”. Así convértense “nun modelo único para estudar a rexeneración baseada en células nai”. Engade Cebrià que “os neoblastos distribúense practicamente por todo o corpo, o que fai que un pequeno fragmento do mesmo poida rexenerar unha planaria enteira en moi poucos días”. E “cando unha planaria é cortada en, por exemplo, dous anacos os neoblastos próximos á ferida aumentan a súa taxa de proliferación dando lugar a un gran número de células que se irán diferenciando en todos os tipos celulares necesarios para rexenerar os tecidos, órganos e estruturas perdidas”.

Deste xeito, engade o científico catalán, “entender como se comportan estas células rexenerativas nestes animais, como proliferan, como se diferencian e organizan para rexenerar os diferentes tecidos, órganos e estruturas pode resultar de gran relevancia para o campo máis aplicado da medicina rexenerativa”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:05:02

Poñer a roupa ao clareo do Sol, funciona?

É unha técnica tradicional para branquear a roupa que seguimos empregando hoxe. A ciencia confirma a eficacia dos raios solares como o mellor desinfectante natural

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo