Xeoclip: mestres “youtubers” que ensinan xeoloxía en galego

Xeoclip é unha unidade didáctica impulsada polos profesores Xacobo de Toro, do IES Urbano Lugrís de Malpica de Bergantiños, e Adela Otero, do IES Fernando Wirtz da Coruña. O novidoso desta iniciativa é a súa aposta por Youtube, empregando unha posta en escena moi atractiva e visual, para ensinarlle aos alumnos, e a todo aquel que queira ver os seus vídeos, os conceptos básicos sobre a xeomorfoloxía da Terra.

O proxecto consta dunha serie de 14 vídeos e unha web na que se completa a información, con apuntamentos, cuestionarios e recursos de reforzo.

Publicidade

Na súa canle de Youtube, De Toro tamén amosa decenas de vídeos nos que debulla todo tipo de contidos científicos, desde a composición da atmosfera ata o funcionamento das células, pasando polos cálculos matemáticos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.