Tras as baleas azuis, Galicia espera as candorcas

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) vén de publicar un vídeo do avistamento de candorcas na costa portuguesa. A gravación, recollida pola empresa Bolhas Tours, amosa unhas candorcas no litoral luso. A Cemma cre que estes grandes cetáceos poden continuar a súa viaxe cara ó Norte, chegando á costa galega. “Avisan da presenza das candorcas en Sesimbra. Poida que veñan cara ao norte, desta volta algo atrasadas. Se é así, entre sete e dez días estarán á altura da costa galega”, afirma a organización. A pasada semana, dúas baleas azuis foron avistadas en augas de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.