A ‘marea do século’ no monte Saint-Michel, en 37 segundos

A anunciada marea do século, tras da eclipse solar do pasado 20 de marzo, foi todo un espectáculo no monte Saint-Michel, na Mancha, rexión da Baixa Normandía francesa, onde as aguas creceron o equivalente a catro pisos, máis de 14 metros por momentos, deixando completamente arrodeado de auga o promontorio granítico que acolle a vila medieval e unha abadía consagrada ó culto do arcanxo San Miguel. A marea xigante separou durante unhas seis horas, e por primeira vez este milenio, o famoso monte do continente europeo, declarado patrimonio da humanidade pola Unesco.

Preto de 20.000 persoas asistiron a este espectáculo recollido neste vídeo feito coa técnica do time-lapse e publicado pola revista francesa L’Obs.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.