O arriscado rescate dun percebeiro en Cedeira

Un rescate tan abraiante como arriscado. Na mañá do mércores, Salvamento Marítimo recibía o aviso de que un percebeiro sufrira un accidente nunha complicada zona situada no municipio de Cedeira, entre Punta Candieira e Vixía Herbeira, con cantís que caen centros de metros directamente cara ao mar, e a onde só se pode acceder por vía marítima.

Representación en 3D da zona onde se produciu o rescate, entre Punta Candieira e Vixía Herbeira. Fonte: Google Earth.

Representación en 3D da zona onde se produciu o rescate, entre Punta Candieira e Vixía Herbeira. Fonte: Google Earth.

Así, movilizouse para o rescate ao Helimer 401 e á Salvamar Shaula. Coa axuda de dous percebeiros que mariscaban na zona e acompañaron ao ferido na operación, o helicóptero conseguiu recollelo antes de que subira a marea, xa que a rocha na que se atopaba quedaría cuberta polo mar. O Helimer levouno ata A Coruña, onde foi hospitalizado cunha perna rota.

 

 

Deixar unha resposta

XHTML: Podes empregar estas etiquetas: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>

POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.