Pescanova ‘inventa’ unha nova arte para pescar lagostinos xa pelados

Os mariñeiros do buque Nova narran o descubrimento dunha nova arte de pesca, a do lagostino en curro. Nunha particular cerimonia, estes crustáceos reúnense en círculos, despréndense das súas peles e déixanse capturar. Mais isto non é certo. A historia forma parte da nova campaña de publicidade de Pescanova, vinculada a un estudo sobre o impacto das noticias falsas que circulan por Internet, tamén coñecidas como fake news, polo seu termo inglés.

Segundo os resultados da investigación, patrocinada por Pescanova e realizada pola empresa Simple Lógica e o Grupo de Investigación en Psicología del Testimonio da Universidad Complutense de Madrid, o 86 por cento da poboación española chega a crer algunha noticia falsa que circula polas redes.

Publicidade

Con este vídeo, a propia campaña desminte o descubrimento da pesca do lagostino en curro e advirte da necesidade de contrastar as noticias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.