Costa da Morte Drone publicou esta semana en YouTube un curioso vídeo gravado desde o aire que amosa a beleza da Ribeira Sacra. E ademais, evidencia o importante traballo que fan as ovellas na adega Os Cipreses, de Chantada, pastando e limpando a vexetación que medra nos socalcos.