O premiado documental galego sobre os cabaliños de mar

O Consello Superior de Investigacións Científicas comeza coa rolda de presentacións do documental “SyngDoc: O descoñecido mundo dos Signátidos”, iniciativa do Instituto de Investigacións Mariñas a través do Grupo de Bioloxía e Fisioloxía Larvaria de Peces. O audiovisual foi galardoado no Ciclo Internacional de Cinema Submarino de Donostia CIMASUB 2017 co segundo premio na categoría de documentais de longa duración.

“SyngDoc” céntrase nos Signátidos, unha familia de peixes moi vulnerables á que pertencen os cabaliños de mar, os peixes pipa e os dragóns de mar. Aborda a bioloxía, ecoloxía, evolución e conservación destas especies e dos seus hábitats, especialmente as praderías mariñas, xunto co desenvolvemento de técnicas de cría en catividade.

Publicidade

“Pretendemos mergullar ao espectador nun mundo asombroso no que descubrirá uns peixes, cunha bioloxía descoñecida e sorprendente, cuxa evolución no tempo lles permitiu adaptarse a novos ambientes no planeta e adquirir unhas características únicas no reino animal. Pero esas mesmas características fan que sexan moi vulnerables nunha contorna sometida a unha crecente destrución pola acción do ser humano”, explica Miquel Planas Oliver, científico do CSIC no IIM e xefe do citado grupo.

Tras proxectarse no Ciclo Internacional de Cinema Submarino de Donostia – San Sebastián (CIMASUB 2017), estará o 24 de novembro na XXVII Semana de Cinema Submarino Universidade de Vigo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.