Tras o éxito de Xatcobeo e do HumSat, a Universidade de Vigo xa traballa no primeiro gran satélite comercial galego: O G-Sat. Pesará 50 quilos e axudará a previr incendios forestais ou a controlar as mareas vermellas. O profesor Fernando Aguado, director da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da UVigo, descóbrenos os segredos do novo proxecto. Será o gran salto adiante para crear unha industria aeroespacial galega que compita nos mercados internacionais.