O chimpo da barbantesa relixiosa

Malcolm Burrows, da Universidade de Cambridge, e Gregory Sutton, da de Bristol, gravaron en vídeo 58 barbantesas mentres saltaban a unha fina barra negra. No vídeo, en slow-motion, vese un deses exemplares despegando e aterrando en menos dunha décima de segundo, é dicir, máis rápido que o pestanexo do ollo humano.

Durante o chimpo, o corpo da barbantesa relixiosa (Mantis religiosa) se move xirando no aire dun xeito controlado, a unha velocidade de 2,5 veces por segundo, cunha precisión asombrosa. De feito, trátase de animais que xamais fallan o branco, segundo conatataron coas súas observacións os investigadores.

Publicidade

O propio Burrows explica que “as barbantesas relixiosas se moven moi rapidamente, controlando a rotación do seu corpo para que se aliñe con precisión cun obxectivo, e todo isto en menos de 100 milisegundos”. Trátase dalgo bastante inusual entre os insectos, xa que a maioría perden o control unha vez que as súas patas despegan do chan. Mais no caso das barbantesas, as observacións de Burrows e Sutton demostran que todos os seus saltos se realizan con absoluta precisión.

Este achádego, publicado revista Current Biology, non só servirá para entender mellor o comportamento das barbantesas e do mundo dos insectos; a investigación tamén ter aplicacións futuras nos movementos de pequenos robots.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.