Unha das anécdotas que o científico galego Xurxo Mariño conta no seu libro Terra é o curioso encontro coa tribo dos ‘khoisan‘ de Namibia, coñecidos en Europa como bosquimáns. Son un dos últimos pobos de cazadores-recolectores do planeta, e conservan tamén unha particular lingua, cun máis dun cento de fonemas. Algúns deles, empregados como consonantes, consisten en diferentes ‘clics‘ coa lingua, tal e como se pode apreciar neste vídeo, que xa recibiu máis de 456.000 visitas en Youtube. O home está explicando as utilidades das herbas que medran na sabana para as súas tarefas cotiás.