O grave problema das extincións invisibles

Algo serio está acontecendo nas zonas áridas próximas ao Mediterráneo. O aumento da actividade humana favorece a expansión de determinadas plantas máis resistentes a esta nova situación. E as perdedoras son outras especies, en moitos casos endémicas, que se atopan nun risco serio de desaparecer. Son as chamadas extincións invisibles.

Este problema abórdao o novo vídeo de Divulgare, o grupo de divulgación científica impulsado polos investigadores do laboratorio de Ecoloxía e Evolución das Plantas da Universidade de Vigo. O traballo enmárcase nun proxecto financiado pola Fundación BBVA, no que participan investigadores da Estación de Zonas Áridas de Almería (CSIC), a Universidad de Granada, a Universidade de Coimbra e a propia UVigo.

Publicidade

As especies endémicas, caracterizadas pola restricción xeográfica da súa área de distribución, deben manterse en condicións ecolóxicas moi concretas, polo que non poden expandirse a outros espazos. Deste xeito, son tamén moi vulnerables á extinción. Se na súa área de distribución acontece unha perturbación, como é o caso do aumento da actividade humana, é posible que desaparezan.

Sucumben, por tanto, fronta a especies con maior tolerancia ecolóxica, adaptadas a diversos ecosistemas, e que poden colonizar ambientes moi diversos, moitas veces asociadas e beneficiadas pola actividade humana.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.