Dous corzos na Serra do Suído

O investigador Gonzalo Mucientes, do grupo Ecoloxía Azul, atopábase na Serra do Suído na tardiña do pasado 7 de febreiro. Era unha saída ao monte, para observar aves e detectar rastros durante o final do día. E de súpeto, atopouse con dous visitantes: dous corzos (Capreolus capreolus) machos. “Tiven sorte de que non me localizaran e puiden gravalos, sen moverme nadiña, durante bastante tempo, ata que ao final descubríronme”, conta Gonzalo.

Os corzos, habituaís na zona do Suído, adoitan ser solitarios, pero durante o inverno son tolerantes uns cos outros, segundo explica Mucientes. “Deste xeito, limitan o risco de verse sorprendidos por depredadores“.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.