Chámase SAFFiR (Shipboard Autonomous Firefighting Robot), mide 1,80 metros de estatura, pesa 65 quilos e acaba de incorporarse á plantilla dos marines estadounidenses para a loita contra o fogo. Este bombeiro robot é capaz de desprazarse por todo tipo de superficies e en calquera condición, pode abrir e pechar portas, usar mangueiras, manipular escotillas e realizar outras tarefas necesarias para extinguir chamas.
SAFFIR está equipado con granadas PEAT, de varios compostos químicos, que actúan como extintores ó estoupar. Para moverse, o robot conta con varias cámaras que lle permiten detectar todo tipo de obxectos, mesmo en situacións de pouca visibilidade polo fume do fogo. Dispón ademais con sensores que calculan a temperatura do ambiente e que lle permiten valorar os gases existentes na zona do incendio. Para completar as súas misións conta coa axuda compañeiro dron, un micro-flyer, que lle proporciona información para localizar focos de incendio. Con todo, os enxeñeiros traballan para seguir perfeccionando este robot, cuxa batería, de momento, só ten unha autonomía de dez minutos.
O bombeiro robot está programado para traballar baixo o mando do persoal de emerxencias e de seguridade grazas a un algoritmo que lle permite responder ás ordes dos humanos.