Candorcas na ría de Muros: “Mi ma, que pasada!”

Outra boa nova para a biodiversidade das costas galegas. Despois do aluvión de avistamentos de baleas azuis destes últimos meses, agora son as candorcas (Orcinus orca) as que se deixan ver polas rías. Abel Carreño, do cerqueiro Romina Segundo, de Portosín, conseguiu gravar a un grupo delas nadando arredor do buque. Nun primeiro momento pensan que son toniñas, máis cando se achegan, debido ao seu gran tamaño, Abel e os seus compañeiros fican sorprendidos por ver que son candorcas. “Mi ma, son orcas, que pasada!“, exclama un deles.

A CEMMA tamén reacciounou a través das súas redes sociais ante o avistamento. “Anunciamos que viñan de camiño e non nos equivocamos!” Sinalan, con todo, que non hai información suficiente para ver se se trata do grupo que anteriormente fora avistado en Portugal. A coordinadora engadiu que “se ben non é algo tan excepcional como a (balea) azul, si son raras de ver aínda que pasan todos os anos fronte as nosas costas”.

Publicidade

Como son as candorcas?

A candorca, coñecida en castelán como orca, é un cetáceo, e o animal de maior tamaño da familia dos delfínidos, polo que na linguaxe común debería ser considerado como unha especie de golfiño e non de balea. Teñen un corpo pesado e groso, o lombo de cor negra e o ventre branco, ademais de manchas da mesma cor xunto aos ollos. Os machos das candorcas poden chegar a medir 9 metros e pesar 9 toneladas.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.