Un equipo de investigadores do Xapón publicou en Cell Reports un estudo sobre o espallamento dunha metástase do cancro no organismo. A través de técnicas químicas que permiten transparentar órganos e con tecnoloxías punteiras na visualización de imaxes en alta definición, os científicos nipóns observaron a metástase do cancro nos pulmóns, o intestino, os riles e o cerebro dun rato.
Este traballo contribúe a ampliar os coñecementos sobre as doenzas relacionadas con desaxustes na división celular. As imaxes amosan as formas, o volume e a distribución das células cancerosas, polo que se poden detectar características relevantes para a distinción dos patróns da metástase.