O fotógrafo Chris Ratzlaff filmou ducias de pompas de xabón na xélida Canadá ata que logrou captar o momento preciso no que, a 25 graos baixo cero, unha delas culminou o proceso de conxelación ante a cámara. Non foi doado capturar o instante exacto no que se conxela unha burbulla, pois a imaxe perfecta chegou despois de varios intentos frustrados a diferentes temperaturas baixo cero. O vídeo se ten convertido en viral, visto por máis de medio millón de persoas.