Así amence un día en Galicia

Un vídeo en timelapse para percorrer Galicia e ver como amence. Grazas ás cámaras que MeteoGalicia ten distribuídas polo territorio, é posible ver a saída do sol e o comezo dun novo día en diferentes recunchos do país. Desde Cariño ata as montañas cubertas de neve en Lardeira, en Valdeorras, e desde outra paisaxe nevada, nos Ancares, ata as Illas Cíes ou Cangas.

Diferentes paisaxes nas que é posible ver como amence, e como a xente comeza a súa vida diaria. Nalgún lugar vese como a posta da Lúa coincide coa saída do Sol, como é o caso de Corrubedo ou Lira. As imaxes, cos ceos despexados na súa gran maioría, están tiradas dos vídeos dos días 30 e 31 de xaneiro.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.