A NASA capta unha enorme erupción solar

Observatorio Solar Dynamics da NASA capturou as imaxes dunha das últimas grandes erupcións solares que se produciron durante o último mes. Esta foi tan grande que superou a propia superficie do Sol, provocando unha exección de masa coronal (CME, nas súas siglas en inglés), pola que se lanzou ó espazo unha nube de material solar. No caso de chegar á Terra, estas ondas poden ser moi perigosas, especialmente polos danos que causarían nas telecomunicacións, recolle a axencia Sinc.

Para poder captar estas imaxes, a NASA utilizou unha lonxitude de onda de 304 angstroms de luz ultravioleta extrema, que destaca o material da parte inferior da atmosfera solar que normalmente se colorea de vermello.

Publicidade

En total, o vídeo cobre catro horas do fenómeno ocorrido o pasado 18 de xuño.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.