A eclipse de Sol, vista desde o espazo

O minisatélite Proba-2 da Axencia Espacial Europea (ESA, nas súas siglas en inglés) estivo en primeira fila para asistir esta mañá á eclipse solar que percorreu Europa e que puido ser vista desde Galicia. Este satélite, preparado para o estudo do Sol, observou e recolleu dous períodos da eclipse total durante unha ducia de segundos desde a súa órbita, a 820 quilómetros de altitude. Mentres, os outros minisatélites da familia Proba da ESA estiveron mirando cara a Terra, fotografando a sombra que proxectou a Lúa sobre a superficie de noso planeta.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.