A cadea de serras que nos leva ao teito de Galicia conflúe para conformar unha paisaxe que abraia pola súa magnitude. Parece que nunca se para de ascender por camiños cheos de neve no inverno e cheos de cor o resto do ano grazas á riqueza que aporta o desxeo.
Son decenas de quilómetros de tranquilidade, onde apenas se percibe a pegada do home. De cando en vez aparecen lagos e pegadas xeolóxicas do pasado glaciar desta zona. Iso si, ata aquí tamén chegou a febre polo volframio. Nunha das rutas de acceso ao cumio lugar segredo de hoxe, é posible visitar unha mina abandonada.
Sabedes onde estamos hoxe? A resposta, nesta ligazón.
No concello de Lobios no Parque Natural do Xurés. Mina das Sombras.
O teito de Galicia é Trevinca
Manzaneda