Martes 16 Abril 2024

A Xunta destina 413.000 euros ás universidades para financiar os contratos posdoutorais

Mediante un convenio, a Consellería garante a contratación temporal dos investigadores mentres non se resolve a súa avaliación

O Consello da Xunta anunciou este xoves a aprobación dun convenio entre as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña e a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para garantir a contratación temporal do persoal investigador posdoutoral da modalidade A mentres non remate o período de avaliación que, en caso de ser positiva, lles permitiría acceder á modalidade B de bolsas de posdoutoramento que financia  o Goberno galego.

Esta medida chega despois de que en xullo deste ano o colectivo beneficiario destas bolsas reclamara unha solución á situación que os deixaba sen contrato e traballo mentres non se resolvía a avaliación. Naquel momento, a Xunta xa anunciara o acordo que se materializa este xoves co convenio.

Publicidade

O convenio coas universidades permitiralles a estas institucións non ter que asumir ningún custo adicional para estes contratos

Mediante esta solución, a Consellería destina un total de de 413.000 euros para que as USC, UDC e UVigo poidan levar a cabo esa contratación sen ningún custo adicional para as propias universidades. Garántese así, segundo o Goberno galego, “que o persoal posdoutoral que finaliza o contrato da modalidade A continúe contratado polas universidades con financiamento da Xunta mentres se realiza o proceso de avaliación”.

No que respecta ás persoas que teñan permiso de maternidade ou paternidade, que tamén reclamaran unha solución á súa problemática particular, Educación garántelles a ampliación do contrato para que se poidan presentar na vindeira convocatoria nas mesmas condicións ca os demais aspirantes.

Segundo a Xunta, deste xeito “dase resposta a unha demanda das propias universidades que reforza a continuidade das liñas de investigación en marcha e a consolidación dunha traxectoria investigadora propia”.

Hai unhas semanas, Santiago acolleu unha xuntanza de tres asociacións de investigadores, durante a cal se presentou o Colectivo de Investigadores/as Posdoutorais de Galicia, xurdido a raíz do problema que se presentou en xullo, e que “aspira a converterse nun interlocutor habitual entre o persoal posdoutoral das universidades galegas e os organismos da Xunta de Galicia encargados de deseñar os programas de captación e retención de investigadores novos”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'

Un equipo da UDC patenta un sistema pioneiro que mide a postura vertebral en tempo real

Investigadores do CITENI crean unha tecnoloxía non invasiva e de baixo custo para mellorar o diagnóstico e tratamento das doenzas da columna