O Instituto de Lingua Galega da USC ten novo director: Xosé Luís Regueira.
O Instituto de Lingua Galega da USC ten novo director: Xosé Luís Regueira.

Xosé Luís Regueira, novo director do Instituto da Lingua Galega

A xunta de goberno do Instituto da Lingua Galega (ILG) da USC nomeou como director ao profesor Xosé Luís Regueira Fernández logo de que fora proposto por unanimidade como candidato nunha reunión do seu Consello Científico.

Xosé Luís Regueira Fernández naceu no ano 1958, en Vilalba, Lugo. É catedrático da área de Filoloxías Galega e Portuguesa. Licenciouse en Filoloxía Románica na USC en 1982 e obtivo o título de doutor na mesma universidade sete anos despois. Forma parte do ILG desde 1981, onde foi o seu secretario entre 1996 e 2005.

Os seus intereses investigadores céntranse na fonética e na variación da lingua oral, e actualmente é investigador principal do proxecto Cambio lingüístico no galego actualDende a súa aparición en 1990 é coordinador da revista Cadernos de Lingua que edita a Real Academia Galega, á que pertence como membro numerario dende 2012.

Alén da elección de Regueira, a xunta de goberno deu o seu visto bo á memoria de actividades e económica de 2017 e á programación de 2018. Ademais, na xuntanza aprobaron a reforma do regulamento de réxime interno do propio Instituto.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.