Xoves 28 Marzo 2024

As universidades españolas debaten en Vigo a súa política de investigación

Preto de 200 persoas participarán os vindeiros xoves e venres no centro social Afundación de Vigo nas XXIV Jornadas de Investigación de Universidades Españolas, organizadas pola CRUE e a Universidade de Vigo. Ao longo de dous días, a través de relatorios e mesas redondas, as vicerreitoras e vicerreitores de investigación de todas as universidades españolas, así como as persoas responsables das oficinas de transferencia de resultados de investigación, das oficinas europeas de I+D, das unidades de cultura científica e dos servizos de xestión de investigación, abordarán temas, segundo a vicerreitora de Investigación da Universidade de Vigo, Asunción Longo, “seleccionados polo especial interese que representan neste intre para a I+D universitaria en España”.

cartel A3

A divulgación científica, o acceso aberto aos resultados de investigación, os novos instrumentos de colaboración universidade-empresa, os retos no desenvolvemento da carreira investigadora e os indicadores e métodos de avaliación da transferencia de coñecemento, centrarán as xornadas, “que son un punto de encontro para as persoas responsables das políticas de I+D+i das universidades españolas e para o persoal administrativo e técnico encargado da xestión das actividades de investigación e desenvolvemento”, explica Longo.

Publicidade

Aínda que a maior parte das e dos asistentes ás xornadas son persoas vinculadas ás universidades, tamén participarán nelas representantes doutros organismos públicos e privados de investigación. Pola súa banda, entre as e os poñentes que tomarán parte nas sesións, atópanse representantes do Mineco, Fecyt, CDTI, Xunta de Galicia e Fundación Barrié, así como profesionais con ampla experiencia en estratexia empresarial, innovación, divulgación científica ou o acceso aberto. “Cómpre destacar, polo complicado da súa axenda, a presenza da secretaria de Estado de Investigación, Desarrollo e Innovación, Carmen Vela, nun momento no que se está a preparar, por exemplo, o novo Plan Estatal de Investigación Científica y Técnica y de Innovación, ou se acaba de iniciar a actividade da Axencia Nacional de Investigación e Innovación. A súa visita supón unha oportunidade excelente para obter información e facer propostas”, explica a vicerreitora de Investigación, Asunción Longo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia notifica 10 mortes ao día por consumo de tabaco

A investigadora da USC Julia Rey Brandariz constata na súa tese que a comunidade galega é a duodécima que máis falecementos rexistra por esta substancia

O aire en Europa é o máis seco dos últimos 400 anos

Unha investigación demostra que, desde principios do século XXI, se está a producir un desecamento xeralizado debido á actividade humana

Identificada unha proteína esencial na regulación da obesidade

Un estudo do CSIC descobre que Dido1 ten unha función clave no desenvolvemento do tecido adiposo

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento