Xoves 28 Marzo 2024

Dous vídeos galegos triunfan en Hollywood

Divulgare, a factoría de curtos de divulgación científica da Universidade de Vigo está de parabén. “Súperorgullosos”, en palabras del profesor Luis Navarro. Dous dos seus vídeos, Breaking the Rules e Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais, obtiveron dous dos principais premios que se repartiron no Hollywood Shorts Reel 14,  un certame internacional no que competían con vídeos de cineastas profesionais. O primeiro foi galardoado co Premio do Xurado ao Mellor Vídeo de Animación, y o segundo, co Premio Honorífico do Xurado.

Non é a consecución de premios unha experiencia nova para Divulgare, que suma con estos dous 14 galardóns internacionais. De feito, Breaking the rules gañou hai apenas uns meses un festival de cine de animación na India e o vídeo sobre os polimorfismos acadara tamén xa a Mención de Honra no Festival de Ciencia en Acción. “Son exemplos de como moitos dos nosos vídeos foron xa galardoados en diferentes festivais internacionais de cine e esta é tamén unha maneira de darlle visibilidade ao traballo que se fai na Universidade que está resultando dunha eficacia tremenda”, recalcou en declaracions ao Duvi o propio Navarro.

Publicidade

Luis Navarro é o principal impulsor dunha iniciativa que xurdiu en xaneiro de 2009 como un experimento para achegar a ciencia que se fai nos laboratorios á sociedade e que, tras cinco anos na rede, teñen suma 500.000 descargas e visitas a súa páxina desde 142 países.

Breaking the rules é o resultado de moitos meses de “apaixonado” traballo e nel o espectador pode descubrir que na natureza tamén hai quen infrinxe as normas e que isto non sempre significa que sexa “malo”, xa que nalgunhas ocasións os ‘pecadores’ tamén cumpren unha función vital para outros organismos. Son apenas uns minutos nos que se fala de plantas e animais, de interaccións…

Na peza Ecoloxía e evolución de polimorfismos florais, Divulgare afonda no coñecemento do polimorfismo floral coñecido co nome de heterostilia, “un fascinante mecanismo reprodutivo que contribuíu a que Darwin formulara posteriormente a súa teoría da selección natural”, explicou Navarro. Son pouco máis de sete minutos nos que os investigadores vigueses tratan de responder a preguntas como para que sirve, como se orixina ou como se pode estudar, xa que as vantaxes deste sistema de reprodución, así como a súa orixe son temas de controversia científica. No vídeo tamén se presentan as achegas que ten feito neste tópico o Grupo de Ecoloxía e Evolución da Universidade de Vigo.

Detrás do éxito de Divulgare está o traballo conxunto de máis de 20 científicos “que se implicaron no proxecto de forma totalmente desinteresada”, pero tamén de varios artistas gráficos; de actores-dobladores que poñen voz aos vídeos e dos técnicos de son. “O traballo de todos é o auténtico motor do proxecto”, subliña Navarro. Desde o principio tiveron claro que o seu nicho de traballo era Internet, un escenario no que se senten cómodos, e optaron polo formato de vídeos curtos conscientes de que moi poucos internautas dedican máis de cinco minutos a un mesmo tema.

A temática dos traballos de Divulgare é moi variada: dende mexillóns cebra, a lagartos, morcegos ou flores, pasando pola loita contra a contaminación mariña, a súa ocupación actual.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un novo vídeo de Divulgare sobre a polinización

O premiado grupo da Universidade de Vigo presenta un audiovisual sobre os cambios fenotípicos nalgunhas plantas para atraer aos polinizadores

O lixo mariño protagoniza un novo vídeo de Divulgare

O obxectivo é ir concienciando á sociedade sobre a dimensión dun problema con graves consecuencias

Novo vídeo de Divulgare sobre a importancia dos polinizadores

Un audiovisual do proxecto de divulgación do Grupo de Ecoloxía e Evolución de Plantas da Universidade de Vigo

Como sobrevive unha planta no deserto?

O grupo Divulgare da Universidade de Vigo publica un novo traballo no que explica as adaptacións dalgúns vexetais en ambientes hostís