Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.
Vista de San Xerome, sede da reitoría da USC.

A USC, segunda universidade española con máis iniciativas de voluntariado

Un estudo realizado anualmente pola Fundación Mutua Madrileña acaba de sinalar que a Universidade de Santiago de Compostela é a segunda universidade española con máis iniciativas de voluntariado. Segundo os datos do traballo, a USC conta con 160 programas nos que colaboran 2.668 alumnos, sobre todo nas ramas de Ciencias Sociais e Xurídicas, Ciencias e Ciencias da Saúde.

En canto ao número de programas, a institución compostelá sitúase só por detrás da universidade de Girona, con 178 proxectos, nos que participan 1.532 estudantes. Por outra banda, en canto ao volume de voluntarios, encabeza a lista a universidade CEU San Pablo, con 4.500 persoas participando nestas actividades.

Neste estudo, que se realiza por quinto ano, participaron 40 universidades e 64 ONG. Enmárcase dentro da celebración dos V Premios ao Voluntariado Universitario. Para realizar a investigación, enviouse un cuestionario aos responsables de voluntariado das universidades e ás entidades sen ánimo de lucro e organizacións non gubernamentais con sede en España.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.