Venres 19 Abril 2024

A USC ofrecerá cursos de verán en 11 localidades galegas

Universidade de Verán da USC oferta un total de 45 cursos en nove localidades galegas, ademais de Santiago e Lugo. O Centro de Linguas Modernas (CLM), pola súa parte, ofrece preto de 40 cursos entre os meses de xuño e setembro para 20 linguas.

O maior número de cursos concéntrase en Compostela e Lugo, con 23 e 12, respectivamente. En Santiago levarase a cabo formación sobre os últimos avances en radioloxía, a educación matemática, divulgación en química, primeiros auxilios, software libre musical, neurociencia, moda, didáctica da danza tradicional galega, un obradoiro de xestión cultural, biomedicina ou técnicas para a comunicación efectiva da ciencia, entre outros.

Publicidade

Na programación de Lugo, faranse cursos sobre a produción cárnica en Galicia, un obradoiro de iniciación á metodoloxía bosque-escola, ofimática en proxectos de enxeñaría, a xestión dos recursos humanos nas organización deportivas, cambio climático, a empresa familiar; a linguaxe xurídica a través da experiencia práctica ou a cidade agroecolóxica, entre outros.

Outras localidades ás que chegará este ano a Universidade de Verán da USC son Cervantes, Guitiriz, Lalín, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Oia, Ribeira, Seoane do Courel e Vilanova de Arousa para analizar temas como o aproveitamentos sostible dos cogomelos comestibles, a ruta do Pai Sarmiento, o futuro do patrimonio cultural, avances en criminoloxía xurídica ou novas fronteiras da igualdade de oportunidades.

O CLM impartirá cursos intensivos en 20 idiomas

prazo da matrícula ábrese o mércores 10 de maio, tanto para a modalidade en liña como para a presencial, é estará aberto ata 10 días antes do inicio do curso no que as personas interesadas se vaian a inscribir. Os cursos de 25 horas ou máis serán de 120 euros e para o resto de 70 euros. Existirá a modalidade de carácter reducido40 euros, para o alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados/as, socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC, PAS e PDI da USC.

As persoas inscritas no programa da USC recibirán, sempre que asistán ao 80% das horas lectivas, un diploma acreditativo da súa participación e o recoñecemento a efectos de créditos ECTS para o estudantado de ata dous créditos polos cursos de máis de 25 horas e, no caso de menos horas a creditación será dun crédito.

Pola súa parte, o CLM tamén abrirá o seu prazo de inscripción o 10 de maio para os seus cursos intensivos de verán nun total de vinte linguas en distintos niveis. A directora do centro, Katerina Vlasakova, explica que o obxectivo é ofrecer técnicas e prácticas de destrezas, estratexias de comunicación, así como contidos específicos e funcionais útiles nas estadías no estranxeiro.

A programación foi presentada polo vicerreitor de Oferta Docente e Innovación Educativa, Roberto López López, o director de Área de cultura, Pablo Sampedro, e a directora do Centro de Linguas Modernas (CLM), Katerina Vlasakova.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un bólido cruza a costa de Lugo ata caer no Cantábrico

A segunda bóla de lume visible dende Galicia en apenas dúas semanas procedía da chuvia de estrelas das delta-leónidas

Novos achados revelan o carácter funerario da ‘roda’ de Adai, un xacemento único en Galicia

A descuberta dunha ola que se conserva completa e de pé sobre unha lousa suxiren que servía para actos rituais fundacional

Atopado o talón de Aquiles da rata toupa, a praga que azouta a montaña luguesa

O estudo do órgano vomeronasal deste mamífero subterráneo avala o uso de químicos para diminuír a súa poboación e frear o seu impacto na agricultura

Lugo será refuxio climático para as ‘árbores dinosauro’

O xardín botánico Arboretum participa nun proxecto internacional de conservación do coñecido 'piñeiro wollemi'