Xoves 28 Marzo 2024

A Universidade de Santiago abre á cidadanía os seus centros singulares

Por segundo ano, a xornada de divulgación ‘Ciencia singular’ achegará á cidadanía a posibilidade de coñecer in situ a investigación de excelencia que realizan a Rede de centros singulares de investigación da USC (RCSI-USC).

Deste xeito, o vindeiro sábado 10 de novembro, o CiQUS (Química Biolóxica e Materiais Moleculares), CiMUS Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas) e CiTIUS (Tecnoloxías da Información) abrirán as súas portas a todas as persoas interesadas co obxectivo de reivindicar o papel destes espazos de referencia científica e dar testemuño da calidade dos resultados de investigación da rede así como valor engadido que está a achegar á mellora da calidade da vida da sociedade actual.

Publicidade

A participación nesta xornada é completamente gratuíta previa inscrición a través doformulario web disposto pola organización. Ao longo da segunda edición de ‘Ciencia singular’ as persoas que acudan participarán en distintas actividades como charlas de divulgación, obradoiros científicos ou experimentos infantís, así como encontros con especialistas ou demostracións de tecnoloxías desenvolvidas nos centros.

TIC
No caso do CiTIUS, neste centro o persoal investigador traballa no desenvolvemento de novas tecnoloxías informáticas en áreas como a intelixencia artificial, a supercomputación, a robótica ou a nanosensórica. Todas elas contan con múltiples aplicacións no ámbito da informática, pero tamén en eidos como a industria manufactureira, a seguridade, a sanidade ou o transporte, sempre co obxectivo final de mellorar a calidade de vida.

Química
O compromiso diario do CIQUS en campos como a saúde (química biolóxica e médica)  ou a industria (materiais funcionais ou catálise) permitiu que en só oito anos o centro se consolidara como referente de investigación multidisciplinar na fronteira entre a química, a biomedicina e a ciencia de materiais.

Saúde
Polo que respecta ao CiMUS, nos seus laboratorios abórdase a previsión, comprensión e o tratamento de enfermidades crónica en áreas como o cancro, a endocrinoloxía, o trastorno cardiovascular, a neurociencia, a xenética e xenómica funcional, as terapias experimentais ou a bioestatística. Xunto co Hospital Clínico Universitario de Santiago, o centro está integrado no IDIS, instituto de investigación Sanitaria acreditado polo Ministerio de Sanidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos

Yolanda Prezado: “Coa protonterapia erradicamos o 83% dos tumores en estudos preclínicos”

A científica galega referente en París incorpórase ao CiMUS para impulsar a investigación en Galicia da terapia con protóns

Un equipo con participación galega desenvolve un novo tipo de axente contra o cancro

O composto actúa de maneira potente e selectiva sobre a respiración mitocondrial das células nai do tumor, diminuíndo o seu potencial canceríxeno