As universidades galegas, na vangarda do software libre en España

Mapa universidades software libre
Mapa das dez universidades españolas e autonomías máis comprometidas co software libre.
Mellores universidades software libre
Infografía da clasificación do compromiso das universidades co software libre.

As tres universidades galegas atópanse entre as dez máis comprometidas en España en uso e difusión de software libre. Así o reflicte o Ranking de Universidades en Software Libre (RuSL) deste ano, no que Galicia se sitúa como a segunda comunidade autónoma nesta clasificación liderada polas Illas Canarias.

A Universidade da Coruña é a que máis destaca entre as institucións de ensino superior de Galicia, no cuarto posto desta clasificación, na que se avalían un total de 76 universidades de todo o Estado. A Universidade de Santiago sitúase no sexto posto, mentres que a de Vigo se coloca no décimo lugar. Canda as galegas, neste top 10 aparece destacada como primeira a Universidade de Granada, seguida polas de La Laguna (2ª) e Las Palmas de Gran Canaria (3ª), ademais da de Sevilla (5ª), Zaragoza (7ª), Miguel Hernández de Elche (8ª) e Cádiz (9ª).

O compromiso das universidades españolas co software libre mídese mediante o seu  Índice de Difusión del Software Libre (IDSL), que se calcula a partir de 65 indicadores que analizan 11 dimensións diferentes: administración, produción, colaboración externa, investigación, axuda, docencia, cultura en software libre, tecnoloxía, divulgación, webmetría e institución. A puntuación global de cada universidade é o índice IDSL, valor que indica o esforzo que realiza unha universidade por difundir o software libre, en relación á que máis o difunde. Así, a primeira clasificada ten un IDSL de 100 e o resto un valor entre 0 e 100 en proporción á promoción que realizan do software libre. Malia a boa posición das universidades galegas, os seus índices están lonxe das dúas primeiras nesta clasificación, especialmente a de Vigo.

Os resultados deste ano colocan unha vez máis á Universidade de Granada no primeiro posto, cun índice 100. Pero os autores do estudo salientan novidades no ranking como é a posición destacada das universidades canarias —no segundo e terceiro posto—, colocando ás Illas Canarias como a primeira comunidade en software libre de España, e o segundo posto de Galicia grazas a situar no top 10 as tres universidades da autonomía. A terceira comunidade más comprometida co software libre é Aragón, coa Universidade de Zaragoza como máximo expoñente.

Clasificación por universidades

Posición IDSL Universidade
100.00 Universidad de Granada
73.45 Universidad de La Laguna
52.28 Universidad de Las Palmas de Gran Canaria
49.14 Universidade da Coruña
44.76 Universidad de Sevilla
37.76 Universidade de Santiago de Compostela
34.65 Universidad de Zaragoza
33.60 Universidad Miguel Hernández de Elche
29.43 Universidad de Cádiz
10º 26.98 Universidade de Vigo

Clasificación por comunidades autónomas

Posición IDSL Comunidade Autónoma
100.00 Islas Canarias
68.92 Galicia
53.11 Aragón
33.39 Andalucía
30.98 País Vasco
17.53 Comunidad Valenciana
15.23 Extremadura
14.60 Madrid
13.63 Castilla La Mancha
10º 12.70 Cataluña

Universidade da Coruña

Entre as once dimensións diferentes coas que se avalía o compromiso das universidades co software libre, a UDC destaca en axuda, tecnoloxía e institución, e acada os peoes resultados en administración.

Produción
Colaboración externa
Investigación
Axuda
Docencia
Cultura en Software
Tecnolóxía
Divulgación
Webmetría
Institución
Administración 13º

Universidade de Santiago de Compostela

O compromiso da USC co software libre tamén sobresae en tecnoloxía e institución, mentres que a súa peor valoración tamén é en administración.

Produción 10º
Colaboración externa
Investigación
Axuda
Docencia 11º
Cultura en Software
Tecnoloxía
Divulgación 12º
Webmetría
Institución
Administración 16

Universidade de Vigo

A Uvigo destaca en tecnoloxía e acada resultados discretos en produción, investigación e docencia.

Produción 25º
Colaboración externa
Investigación 29º
Axuda
Docencia 20º
Cultura en Software
Tecnoloxía
Divulgación
Webmetría
Institución
Administración 15º

 

Esta clasificación é publicada anualmente polo Observatorio Tecnológico PortalProgramas baixo licenza creative commons e para a súa elaboración conta coa colaboración dun equipo de expertos en software libre, entre eles, Ricard Faura i Homedes, xefe do Servizo da Sociedade do Coñecemento na Dirección Xeral de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Generalitat de Catalunya, e de responsables das principais universidades españolas, entre estes, Rafael Rodríguez, coordinador da Oficina de Software Libre do consorcio CIXUG das tres universidades galegas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.