Santiago consolídase no 8º posto de España en produción científica

Microscopio nun labotorio da Universidade de Santiago.
Microscopio nun labotorio da Universidade de Santiago.

Manténdose na casa e baixando no mundo. As tres universidades galegas conservan os seus postos no prestixioso ránking URAP sobre producción científica. Pero só dentro do panorama de España. Santiago consolida o posto oitavo; Vigo perde unha posición: do 15 ao 16; e A Coruña sube outro, do 44 ao 43. Pero no conxunto do mundo só A Coruña experimenta unha leve melloría.

A USC pasa do posto global 336 en investigación ao 351. Vigo cae do 518 ao 553. E a UDC medra dentro dos seus baixos resultados: do posto mundial 1.166 ao 1.153. Semella que o recorte de fondos para a ciencia en España non move moito a clasificación interior. Pero si afecta na clasificación mundial, cando se compite con outros estados.

No conxunto mundial, Santiago e Vigo baixan varios postos na URAP

O URAP (University Ranking by Academic Performance ) é un sistema de clasificación para as universidades do mundo baseado na cantidade e na calidade das súas publicacións académicas que desde o ano 2010 elabora e publica o Instituto de Informática da Universidade Técnica de Oriente Medio (Metu), emprazada en Turquía.

Este ránking de rendemento académico das universidades manexa datos das 2.500 institucións de educación superior non gobernamentais con maior número de publicacións científicas, aínda que finalmente solo inclúe na súa listaxe as 2.000 primeiras. Daquela, o URAP, que cubre o 10% das institucións de ensino superior do mundo, constitúe un dos ránkings de universidades máis completos.

Un ránking con 9.000 revistas

O sistema de clasificación empregado na elaboración do URAP baséase nas publicacións indexadas na Web of Science de Thomson Reuters, que facilita o acceso a grandes bases de datos bibliográficas, con referencia a citas de preto de 9.000 revistas en todas as áreas do coñecemento. Respecto dos indicadores computados neste ránking que mide o rendemento académico das universidade, o URAP ten en conta o número de artigos publicados e o seu posterior nivel de citación, a documentación xerada, o impacto dos xornais/revistas nas que se publican e a aceptación internacional das publicacións feitas.

O último ránking de universidades por rendemento académico publicado destaca a USC como a oitava institución española de educación superior por cantidade e impacto da súa produción científica, ao tempo que a sitúa no lugar número 146 de Europa e na posición 351 de todo o mundo. Vigo queda no posto 16 entre as universidades españolas e 553 do mundo. E A Coruña, significativamente lonxe das dúas primeiras, ocupa o posto 43 de España e o 1.153 do mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.