Venres 29 Marzo 2024

Un libro recolle a historia da Cátedra de Farmacoloxía de Santiago

A USC e o Consorcio de Santiago editan o libro La Cátedra de Farmacología de la Facultad de Medicina de Santiago de Compostela, unha obra da que é autor o profesor Ángel Belmonte Vicente coa colaboración do tamén profesor e presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, José Carro Otero. Este novo título achega unha base importantes “para a construción desa historia aínda pendente da nosa Facultade de Medicina, algo tan necesario xa nunha institución que cumpre este ano o seu 366 aniversario”, lembra o decano do centro Juan Gestal.

O volume presentouse este mércores 10 nun acto público no Salón Reitoral do Colexio de San Xerome no que interviñeron, ademais do autor, o reitor Juan Viaño e o presidente do Consorcio de Santiago, Martiño Noriega Sánchez. Na mesa presidencial estiveron presentes tamén o decano da Facultade de Medicina e Odontoloxía, Juan Gestal Otero; o presidente da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia; os directores dos servizos de Publicacións da USC e do Consorcio, Juan Blanco Valdés e Juan Conde, respectivamente; o director do Departamento de Farmacoloxía e prologuista da obra, José Gil Longo; e catedrático e tamén prologuista do volume, Manuel Freire-Garabal Núñez.

Publicidade

A comezos do século XIX, os alumnos facían prácticas no Hospital dos Reis Católicos

Como indicou o reitor Juan Viaño, “os autores transpórtannos ás orixes da nosa Facultade de Medicina, en 1649, e á incorporación da materia de Terapéutica Xeral e Materia Médica nos planos de estudo de 1807, cando os estudantes recibían clases no Colexio de Fonseca e realizaban prácticas clínica no Hospital dos Reis Católicos”. Aquel modelo docente, engadiu Viaño, “pioneiro na universidades española da época, contribuíu, tal como nolo indican os autores, a que a titulación de Medicina en Compostela se convertese nun modelo para o deseño doutros plans de estudo, pervivindo as súas bases na actualidade”.

O volume, un libro “necesario, importante e a reivindicar” en opinión de Martiño Noriega, ilustra unha parte da historia da Facultade de Medicina da USC a partir do relato de José Carro, quen fai un percorrido histórico polas ensinanzas da farmacoloxía en Santiago entre 1846 e 1928, e de Ángel Belmonte, que achega as vicisitudes históricas da Cátedra de Farmacoloxía entre 1807 ata a actualidade. As 86 páxinas que conforman este percorrido histórico parten dunha busca documental que, para o período comprendido entre 1824 e 1928, facilitou arredor de 150 referencias e imaxes que permitiron coñecer a importancia da Farmacoloxía nos diversos planos de estudo da época, as distintas denominacións recibidas, a bibliografía recomendada e os libros dispoñibles para o seguimento desta materia, onde e cando se impartían as clases teóricas e de qué elementos se dispoñía para a súa ensinanza práctica ou as distintas liñas de investigación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Traballar con cadáveres na ciencia: así funcionan as doazóns en Galicia

Os expertos piden un marco legal específico na materia despois de que saltasen as alarmas pola trama de tráfico ilegal de corpos en Valencia

Santiago rexistrou máis de 2.300 horas de Sol en 2023, a segunda marca máis alta do século

A chuvia recollida ao longo do ano superou os 2.000 litros por metro cadrado, mentres que a temperatura máxima foron os máis de 36 graos do pasado 8 de agosto

A calidade do aire en Santiago, no límite das recomendacións da OMS segundo un estudo

ConBici presenta os resultados dun proxecto no que colabora a USC e que mediu a calidade do aire en 18 cidades españolas durante dous anos

Atopan a primeira receita médica en galego, unha ‘pequena xoia’ do século XV

Está anotada no reverso dunha escritura notarial datada o 2 de abril de 1477 e conservada no Arquivo da Real Chancillería de Valladolid