Xoves 25 Abril 2024

Un equipo galego identifica novos xenes responsables da severidade da covid

O estudo, que acaba de publicarse na revista Nature, localiza 49 alteracións xenéticas que poden facilitar a creación de novos tratamentos

A covid-19 posúe unha variabilidade de presentación entre os individuos, algúns aos que afecta de maneira moi grave e outros que teñen formas asintomáticas. Unha porcentaxe importante desas diferenzas son xenéticas e estúdanse con análises masivas de asociación que se denominan GWAS. Neles analízanse en cada individuo preto dun millón de datos xenéticos (SNPs) e compáranse os dous grupos (os que teñen COVID severo e os que non).

A revista Nature acaba de publicar un estudo de enfermos críticos de tres consorcios: GenOMICC UK (11.440 casos), que coordina o traballo, ISARIC4C (676 casos) and SCOURGE (5.934 casos), este último coordinado por Anxo Carracedo do CiMUS da USC e Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) e Pablo Lapunzina do Hospital La Paz, desde o Cento de Investigación en Rede (CIBER) do ISCIII. No estudo participaron máis de 30 hospitais e centros de investigación de España e foi realizado no Centro Nacional de Xenotipado (Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, IDIS). As investigadoras Raquel Cruz (CIBERER e CIMUS-USC) e Silvia Diz (CiMUS da USC) realizaron a parte estatística e de interpretación.

Publicidade

“O estudo mostrou 49 rexións xenómicas asociadas nas que se estudaron as posibilidades de novas terapias con novos modelos de análises e atopáronse dianas terapéuticas de moito interese sobre as que se poderían usar fármacos de reposicionamento nalgúns casos e que inclúen roteiros de inflamación (JAK1), activación monocito-macrófago (PDE4A), inmunometabolismo (SLC2A5, AK5) e factores do hóspede necesarios para a entrada dos virus e a súa replicación (TMPRSS2, RAB2A)”, segundo explica Anxo Carracedo, un dos coordinadores do traballo.

A investigación contou co apoio da Fundación Amancio Ortega Gaona, Banco de Santander S.A. e Instituto de Saúde Carlos III (COV20/00622) e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. O equipo científico responsable quere “agradecer especialmente a todos os pacientes, Banco Nacional de ADN, Biobanco do Sistema de Saúde de Aragón, Biobanc Fundació Institut d’Investigació Sanitària Illes Balears, Biobanco do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, Biobanco Vasco, a súa colaboración e material achegado”.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844