Campus da Universidade da Coruña. Foto: UDC.
Campus da Universidade da Coruña. Foto: UDC.

A UDC recibe o selo europeo HR de excelencia investigadora

A rede Euraxess da Comisión Europea acaba de concederlle á Universidade da Coruña o selo de excelencia investigadora HR Excellence. Este premio identifica ás institucións e organizacións que apoian un ambiente de traballo favorable e estimulante para os investigadores, e culmina o recoñecemento da excelencia dos recursos humanos na investigación da Comisión Europea.

Para conseguir este selo, hai que acreditar boas prácticas na contratación de investigadores nun modelo aberto e transparente baseado no mérito. O vicerreitor de Política Científica da UDC, Salvador Naya, sinalou que a obtención deste selo é “unha excelente noticia para as universidades, xa que hai proxectos europeos para os que é preciso ter este selo”. Naya tamén explicou que a UDC incluirá xa os criterios do selo na vindeira convocatoria do programa InTalent-UDC-Inditex, para contratar investigadores posdoutorais con proxección e ampla traxectoria internacional, e prevista para finais deste mesmo mes.

A Universidade de Santiago de Compostela conta co selo HR desde febreiro de 2017, mentres que a UVigo xa solicitou a súa inclusión a finais de 2016 e está á espera do recoñecemento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.