Venres 19 Abril 2024

‘Transformers’ caseiros

Unha lata dun refresco de cola, unha pila de petaca (de 4,5 a 9 voltios) ou mesmo as pezas de Lego. Todo pode ser moito máis do que parece e todo serve para fabricar un prototipo motorizado capaz de subir e baixar rampas, remolcar 12 latas ou 6 cartóns de leite ou guindar, a moitos metros, unha pelota de tenis propulsada por una catapulta de última xeración.

Vehículos con patas, grúas ou un funicular. Todo feito e tuneado na casa polos universitarios do terceiro curso de Enxeñería Industrial misturando os coñecementos adquiridos nas aulas coa imaxinación sen límites que lles ven de serie e que é o motor que nunca para.

Publicidade

Cada outono, na Escola Politécnica Superior de Ferrol, os alumnos da rama de Enxeñería Mecánica teñen a oportunidade de amarrar por adiantado ata 3 puntos da nota final no concurso anual de prototipos que puxo en marcha o seu profesor de Tecnoloxía de Máquinas no curso do 95/96. Desde entón, cambiarónlles moitas veces os plans de estudos e as antigas licenciaturas son agora grados pero a competición é inmutable e xa acadou a categoría de mítica na Universidade de A Coruña. O concurso é todo un acontecemento no campus ferrolán de Esteiro, adscrito a UDC, que multiplica o seu eco nas redes sociais.

En 2011, unha lata de Coca-Cola bateu unha marca de velocidade ao recorrer 60 centímetros en 2 segundos

Javier Cuadrado (San Sebastián, 1966) é o home clave dun proxecto do que aínda fala co entusiasmo do primeiro día aínda que xa ven de celebrar a 18ª edición e que cambia de reglas e de obxectivos cada curso para forzalos a innovar e repensar. “Cando chegei, pensei que sería oportuno pasar da teoría os feitos e pedirlles que fixeran o seus propios enxeños a pequena escala”, explica Cuadrado.

O concurso é voluntario e e forma parte das tarefas que lles impón os seus alumnos no inicio das clases antes da sobrecarga final de exames. “Teñen que traballar en equipo, comprar o material e facer o deseño”, explica, todo como se fose unha minifábrica caseira, que termina por ‘enganchalos’ de tal xeito que se enfrascan durante un mes na súa construcción: deseñar, probar, modificar e volta as probas ata dar co prototipo final.

Este ano, o reto consistía en idear unha moto mecánica autopropulsada en ‘slálom’ capaz de virar a esquerda e dereita nun pequeno circuito de obstáculos sen elementos eléctricos no seu deseño. Anotarónse 11 equipos aínda que só 5 foron quen de montar o cacharro. Ningún superou o reto. “Parece que nos pasamos de díficil”, rí Cuadrado.

Nota para a materia

O número de alumnos foi a menos nestes últimos anos pero en edicións pasadas chegaron a contabilizarse de 15 a 18 equipos. O certamen ten as súas reglas para a clasificación e os puntos: de 0,3 por participar ata os 3 que suman a nota da materia os vencedores.

En 2011, unha lata de Coca-Cola mecanizada por Carlos F. e Martín B. bateu unha marca de velocidade ao recorrer 60 centímetros en 2 segundos. No 94, un pseudoteleférico ascendeu tres metros de cable cun 10% de desnivel en 3,42 segundos e no 96, deseñaron unha especie de coche que foi quen de percorrer 10 metros en línea recta e deterse, de forma automática, a tan só 4,4 centímetros do punto final. “O dato da idea do nivel de precisión acadado”, presumen na Escola Politécnica Superior (EPS).

Conta este docente vasco que lle impresiono particularmente o cachivache con que se presentaron dous estudantes no 2005 os que lles deu por acoplar un imán nos baixos do seu invento para que se aferrase mellor para escalar unha rampa de aceiro que se escoraba, en varios grados máis, a cada pasada ata colocarse case en vertical.

Na súa clase do 3º curso, dí, mandan os varóns, que aínda son aplastante maioría en todas as ramas da Enxeñería no campus ferrolán, que tamén imparte a Oceánica e Naval. Dos 23 alumnos de Tecnoloxía de Máquinas, 18 son rapaces e só conta 5 mozas (21%).

Algúns dos prototipos presentados

[wzslider autoplay=”true” height=”400″ info=”true”]

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

A ciencia confirma que as apertas alivian a dor, a ansiedade e a depresión

Un equipo internacional analiza os beneficios do contacto físico nas persoas a partir da revisión de 212 estudos

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante