Venres 19 Abril 2024

As tres universidades galegas mantéñense entre as 1.000 mellores do mundo

As tres universidades galegas, UDC, USC e UVigo, están dentro do 5% das institucións de ensino superior máis valoradas do mundo. Así se deduce da clasificación de Times Higher Education, que as inclúe entre as 1.000 mellores, en base a trece indicadores de rendemento das principais misións dunha institución universitaria.

A mellor clasificada é a Universidade de Santiago de Compostela, que mantén a súa posición no intervalo 601-800. Mellorou a súa puntuación xeral respecto ao ano pasado (27,5), cun rexistro de 30,6. Destaca, sobre todo, no seu índice de citacións (48,2) e dimensión internacional (44,2). Non en tanto, vese lastrada polos indicadores de reputación docente (20,9) e a investigación (15) que supoñen, cada un, un 30% da ‘nota’ final.

Publicidade

No mesmo intervalo, 601-800, está a Universidade de Vigo, tamén coa mesma puntuación, 30,6, e a mesma subida desde o ano pasado, cando tiña 27,5.A UVigo sobresae na relevancia internacional (40,3) e na transferencia de tecnoloxía á industria (35,7%). Por outra banda, aparece con peores rexistros no eido da investigación (12,2) e da valoración do profesorado (19,4).

A Universidade da Coruña é a única das tres institucións académicas galegas que cae respecto a 2015, cando tiña a mesma valoración que Vigo e Santiago. Así, agora ocupa o intervalo 801-1000, cunha valoración de 21,4. O indicador mellor valorado da universidade coruñesa é a transferencia de coñecemento (34,3) seguido da relevancia internacional (30,6). Non en tanto, ten peores rexistros en investigación (11,2) e na valoración do profesorado (19,1).

A nivel global, as cinco primeiras clasificadas son Oxford, Cambridge, o California Insititute of Technology, Stanford e o Massachusetts Institue of Technology. No Estado español, as tres primeiras son catalanas: A Pompeu Fabra, no posto 140, a Autónoma de Barcelona (147) e a Universitat de Barcelona (201-250).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

O festival CinVigo volve esta fin de semana á Porta do Sol con ciencia e diversión

A programación do CINBIO inclúe unha feira científica, obradoiros infantís, unha xincana, maxia e espectáculos

Un proxecto da UVigo sérvese da IA para mellorar a detección de cancro colorrectal

A rede AI4PolypNet está formada por oito grupos de investigación de Galicia, Estremadura, País Vasco e Cataluña