Xoves 28 Marzo 2024

Só un 8,5% dos universitarios galegos cursan carreiras de ciencia e tecnoloxía

No próximos cinco anos, o índice de titulados nas Universidades galegas en estudos relacionados co ámbito científico tecnolóxico non será suficiente para cubrir a demanda de profesionais do sector TIC. Dos 10.000 alumnos titulados nas Universidades galegas en 2014, só 753 cursaron carreiras científico-tecnolóxicas, unha tendencia descendente que se mantén desde 2010. Uns datos que contrastan coa crecente demanda de emprego no sector TIC a nivel rexional, estatal e europeo.

Só un 8,5% dos universitarios cursa estudos STEM.
Só un 8,5% dos universitarios cursa estudos STEM.

Así queda de manifesto no “Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos, enxeñerías e matemáticas en Galicia”, elaborado pola consultora multinacional Everis, dentro dos seus compromisos como empresa asinante do Pacto Tecnolóxico de Galicia. As conclusións do estudo presentáronse esta mañá nunha xornada na que participaron os representantes das tres entidades que colaboraron na súa elaboración: a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, e o director de Administracións Públicas da consultora everis, Sergi Biosca.
Este informe é unha das iniciativas da Axenda Dixital de Galicia 2020 para impulsar as vocacións tecnolóxicas e dar resposta á demanda de novos perfís dixitais que demanda o sector. En Galicia o sector tecnolóxico emprega a máis de 14.000 persoas e rexistrou un volume de negocio en 2014 de 2.936 millóns de euros, un 4,6% máis que o ano anterior.

O 40% dos alumnos de Secundaria non se senten capaces de estudar unha carreira científica

Para atopar a causa da falta de vocacións STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñerías e Matemáticas), o estudo, realizado a partir dunha mostra de 5.120 estudantes de 3º e 4º da ESO e de Bacharelato da 40 centros educativos da Comunidade, identifica unha serie de variables que inflúen nos alumnos á hora de elixir o seu itinerario formativo: o propio alumno, a contorna próxima, a contorna educativa e a contorna social. Sobre estes mesmos ámbitos, o estudo propón diferentes liñas de actuación para contribuír ao incremento de vocacións TIC.
O estudo pon de manifesto que case o 40% dos estudantes non se senten capaces de cursar este tipo de estudos. Unha falta de autoconfianza que se incrementa no caso das alumnas, xa que só o 54% ven capacitadas para estudar unha carreira do ámbito TIC fronte ao 74% dos alumnos. Esta fenda de xénero tamén se reflicte no feito de que, fronte ao 46% dos mozos que optan polo Bacharelato Científico-Tecnolóxico, unicamente un 33% das rapazas o elixen.
La vocación é a motivación principal dos alumnos (92%) para a elección do tipo de estudos, seguido da utilidade e da facilidade. Precisamente, a facilidade é o motivo que sinala o 59% de alumnos de ESO que se decantan por un Bacharelato distinto ao Científico-Tecnolóxico. Por tanto, é preciso traballar para cambiar a percepción da mala relación esforzo- beneficio, sobre este tipo de itinerarios formativos.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Finalmente, a decisión sobre o tipo de estudos que queren realizar os alumnos, está xa formada no momento que chegan a 3º e 4º de ESO, xa que no paso deste ciclo ao Bacharelato non se produce un cambio nas preferencias. Así, sería entre o segundo e terceiro ciclo de Primaria, o momento clave para fomentar o interese dos alumnos por estas materias.
O contexto do alumno, nas súas diferentes facetas, é o principal condicionante no momento de elección de estudos STEM. O estudo pon de manifesto que a influencia das nais e pais é a máis relevante para tomar unha decisión sobre formación, segundo declararon o 79% dos alumnos.
En canto á influencia do contexto académico, o estudo revela que o rendemento académico dos estudantes de Bacharelato Científico-Tecnolóxico é superior ao daqueles que optaron por outros itinerarios formativos. Este feito, sumado á imaxe de excesiva dificultade neste tipo de estudos, subliña a necesidade de poñer en marcha accións que suavicen percepción de dificultade destas carreiras e que poñan en valor a relación positiva entre custo–beneficio de desenvolvelas.

Publicidade

O estudo revela que os alumnos non coñecen as saídas profesionais das ciencias

Por outra banda, o estudo constata que os alumnos demandan maior información sobre as distintas profesións, o que fai preciso redefinir as colaboracións escola– universidade–empresa, creando novas sinerxias que permitan unha transferencia de coñecemento.
Aínda que en xeral, os alumnos asocian os estudos e profesións relacionadas coas ciencias, tecnoloxías, enxeñerías ou matemáticas a traballos ben remunerados e cun considerable impacto social, o estudo reflicte que hai unha porcentaxe de estudantes que descoñecen esta realidade, polo que se considera necesario incidir sobre dous elementos como son o prestixio e a utilidade social.
Tamén a imaxe que perciben os alumnos sobre os profesores e materias científico- tecnolóxicas, é relevante, polo que o estudo propón fortalecer por unha banda, a formación e competencias nas TIC do profesorado non STEM, e no caso do profesorado STEM, promover accións que reforcen a súa base didáctica para facilitar un maior achegamento ao alumnado.
En canto ás materias de informática e tecnoloxía o estudo apunta á necesidade de darlles un carácter máis transversal, así como aumentar nelas o peso da creación dixital (programación, robótica, etc.).
O informe completo está dispoñible no portal da Amtega, http://amtega.xunta.gal/documentos/

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos