Venres 19 Abril 2024

Santiago, entre as 500 mellores universidades do mundo

A UVigo sitúase no posto 722 e a Universidade da Coruña, no 988, segundo a clasificación internacional CWUR

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) sitúase entre as 500 mellores do mundo, segundo a clasificación do Center for World University Rankings (CWUR), que lle outorga a posición 461 mundial e a 13 no conxunto de España. Pola súa banda, a Universidade de Vigo sitúase no posto 722 do mundo e o 22 estatal. Mentres que a Universidade da Coruña está máis retrasada, no posto 988 e a 36 entre as españolas. En España hai 50 universidades públicas e 34 privadas. Calcúlase que no mundo existen máis de 25.000 universidades.

Center for World University Rankings (CWUR) mantén á USC entre as 500 mellores universidades do mundo ao situala na posición 461 da súa listaxe composta por 2.000 universidades a nivel internacional, logo da análise de 20.000 institucións avaliadas e clasificadas segundo o seu desempeño académico. O rendemento investigador e a empregabilidade son os dous aspectos mellor valorados da USC, na posición décimo terceira de entre as 53 institucións españolas recollidas nesta clasificación. Nesta mesma liña, investigación, transferencia de coñecemento e interacción coa súa contorna constitúen os tres eidos nos que a USC obtén mellores cualificacións no U-Multirank correspondente a 2020.

Publicidade

O sistema de clasificación de universidades de todo o mundo U-Multirank computa e compara datos de 79 institucións académicas españolas e de máis de 1.700 universidades dun centenar de países. Neste senso, o U-Multirank de 2020 outorgou a cualificación A (a máxima dun total de catro niveis) á USC polo número de publicacións científicas indexadas nas bases de datos de Web of Science con polo menos un autor que indique a súa filiación coa Universidade; pola súa capacidade para captar fondos de investigación que non procedan de subvencións públicas; pola súa porcentaxe de publicacións académicas a través de revistas de acceso aberto; pola porcentaxe de publicacións mencionadas en listas de referencia con polo menos unha patente internacional; así como pola súa capacidade para captar fondos privados que procedan da súa contorna máis inmediata.

CWUR utiliza sete obxectivos e unha serie de indicadores nos que se valora de xeito especial a calidade da educación (medida polo número de alumnos premiados con recoñecementos internacionais); inserción laboral do alumnado, calidade do persoal docente (atendendo ao número de académicos/as premiados en convocatorias internacionais); e rendemento investigador, a través da análise dos resultados científicos, publicacións de alto impacto ou índice de citacións, entre outros. O Center for World University Rankings preséntase como unha organización que brinda asesoramento sobre políticas, información estratéxica e servizos de consultaría a gobernos e universidades para mellorar os resultados educativos e de investigación. CWUR “publica clasificacións universitarias globais autorizadas, coñecidas pola súa obxectividade, transparencia e consistencia”.

U-Multirank

U-Multirank é una clasificación mundial de universidades e escolas superiores, orientada aos usuarios e abarcando múltiples aspectos da educación superior como a investigación, a ensinanza e a aprendizaxe, a orientación internacional e a transferencia de coñecementos. Para a valoración dos principais indicadores das institucións universitarias, U-Multirank emprega múltiples fontes, tales como a información proporcionada polas propias universidades, bases de datos sobre produción bibliométrica e patentes así como os resultados das enquisas realizadas entre decenas de miles estudantes das universidades participantes. A iniciativa da Comisión Europea, U-Multirank foi desenvolvido e posto en marcha por un consorcio independente liderado dende o Centre for Higher Education en Alemaña, o Center for Higher Education Policy Studies na Universidade de Twente e o Centre for Science and Technology Studies da Universidade de Leiden.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Un equipo de atlanTTic deseña antenas innovadoras para satélites xeoestacionarios

O proxecto da UVigo busca unha redución na masa e o volume da tecnoloxía, así como diminuír os custos