O catedrático Ricardo Cao recibe un dos maiores recoñecementos no campo da estatística

É o único español que logra entrar este ano no Institute of Mathematical Statistics (IMS), unha distinción a súa traxectoria profesional

Imaxe do Catedrático Ricardo Cao/ UDC

O catedrático da Universidade da Coruña (UDC) Ricardo Cao vén de ser elixido membro (fellow) do Institute of Mathematical Statistics (IMS) como recoñecemento á súa traxectoria profesional e de investigación. A distinción, unha das maiores que pode obter un estatístico a nivel mundial, converte ao catedrático no único español que integra a listaxe das corenta designacións seleccionadas de todo o mundo este ano. No caso de España só hai oito investigadores que foran elixidos polo IMS, catro deles xa falecidos, pois esta distinción vense facendo desde hai máis de 85 anos.

“A designación de Fellow do Institute of Mathematical Statistics que conceden expertos estatísticos internacionais constitúe unha gran honra”, valorou o profesor Cao. Cada proposta é avaliada por un comité de pares que teñen en conta a relevancia demostrada en investigación e liderado de cada candidatura e que influíran profundamente neste campo. Neste caso, o experto, recoñece que recoñece “as contribucións fundamentais á teoría e á práctica do bootstrap e a estimación non paramétrica de funcións e o distinguido servizo á comunidade estatística internacional”.

 

O Currículum Premiado

Ricardo Cao é profesor de Estatística e Investigación de Operacións na Facultade de Informática da Universidade da Coruña desde 1991 e na, actualidade, céntrase en diferentes liñas de investigación e no Máster Interuniversitario de Técnicas Estatísticas, coorganizado polas tres universidades galegas, así como no Máster Universitario de Bioinformática para as Ciencias da Saúde da Universidade da Coruña e no Grao de Ciencia e Enxeñaría de Datos da Universidade da Coruña. Tamén é Coordinador do Grupo de investigación Modelización, Optimización e Inferencia Estatística. Tamén é editor asociado das revistas TEST e Computational Statistics.  Dende marzo de 2020 é o presidente do comité de expertos da Acción Matemática contra o Coronavirus creado polo Comité Español de Matemáticas (CEMat).

O Instituto da honra

O Institute of Mathematical Statistics é unha organización, creada en 1935, que fomenta o desenvolvemento e a difusión da teoría e as aplicacións da estatística e a probabilidade. O IMS ten 4.200 membros activos en todo o mundo. O IMS edita Annals of Mathematical Statistics, a publicación estatística máis influínte do mundo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.