Unha revista divulga o traballo dos investigadores da Escola de Forestais de Pontevedra

Unha revista recompila entrevistas ao profesorado da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra. O segundo número sairá a finais do mes de xullo

O primeiro número da revista.
O primeiro número da revista.

Hai un tempo xurdiu, na Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (UVigo), a idea dun proxecto de publicación para comunicar as personalidades que conforman a plantilla docente do centro.

Publicidade

Esta iniciativa rematou, segundo explica a súa promotora Nerea Mallo, na primeira edición da revista “Que investigan?“; unha colección de entrevistas a distintos investigadores a investigadoras.

Purificación Marcet, Graciela Paz, Adolfo Cordero, José Carlos Souto, Xana Álvarez, Henrique Lorenzo e José María Fernández son as personalidades entrevistadas neste primeiro número da revista. Na edición abórdanse aspectos científicos e académicos.

O profesorado

Antes de proceder ao corpo da entrevista, introdúcese aos investigadores cunha breve descrición e unha imaxe. Despois sucédense unha serie de preguntas en dúas dimensións: como docentes e como investigadores.

Purificación Marcet, doutora en Ciencias Biolóxicas na especialidade de Edafoloxía, leva, nas súas palabras, “22 felices anos” na Escola de Enxeñaría Forestal. Unha das súas vías actuais de investigación é a recuperación de solos degradados por obras de infraestrutura.

A encargada de impartir botánica e zooloxía é Graciela Paz, quen está involucrada en tres proxectos relacionados coa biodiversidade e as aplicacións dos liques. A profesora admite que o alumnado mostra máis interese pola botánica, que segundo ela, é unha materia que debería ter máis créditos.

José Carlos Souto, por outro lado, leva xa 27 anos como profesor e investigador na escola, analizando as relacións químicas entre especies vexetais. Souto afirma que o problema fundamental é que a maioría de investigadores do seu ámbito atópase en Vigo: “Esta pequena distancia supón certas dificultades no traballo diario”.

A revista pode descargarse nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.