Mércores 24 Abril 2024

#Reto5mil: a campaña para que os universitarios galegos doen sangue este xoves

Os e as estudantes das tres universidades galegas teñen unha cita este xoves 4 de outubro. E non só para saír de festa pola noite. USC, UDC e UVigo vanse sumar á iniciativa #Reto5mil, impulsada pola Rede Española de Universidades Saudables (REUS) co obxecto de acadar esa cifra de doazóns de sangue no conxunto dos centros universitarios de España que se sumen á iniciativa, polo que tamén se conta coa participación de profesorado e persoal de administración e servizos. Esta rede celebra tamén o xoves o Día das Universidades Saudables, co que se busca promover a alimentación saudable, a actividade física e o deporte na comunidade educativa.

En Galicia, as tres institucións académicas organizan diversas actividades ao longo do día. E as redes sociais xogarán tamén un papel importante. Alén de difundir o #Reto5mil, a REUS tamén anima a participar no #IIRetoFrutaREUS, que consiste en que os membros da comunidade universitaria difundan nas redes unha fotografía comendo unha peza de froita. Do mesmo xeito, todos os doantes de sangue que se acheguen ás unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia, que estarán presentes nos sete campus galegos, recibirán unha peza de froita como parte do refrixerio despois de doar.

Publicidade

Os requisitos para doar son pesar máis de 50kg, ter boa saúde e entre 18 e 65 anos. O procedemento completo dura entre 25 e 30 minutos e apenas doe, xa que é semellante ao do análise de sangue. A lei permite que os homes doen catro veces no ano, e as mulleres tres, para evitar complicacións ao sumar a perda de sangue na menstruación.

 

Unidades móbiles nos campus

Santiago: Facultade de Dereito das 09.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas.

Lugo: Biblioteca Intercentros das 9.30 a 14.30 horas.

A Coruña: rotonda da Facultade de Socioloxía, en Elviña, das 9.30 ás 14.30 horas e das 15.30 ás 21.00 horas.

Ferrol: diante da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, das 9.30 ás 14.30 horas.

Ourense: no Edificio de Ferro das 9.30 ás 14.30 horas.

Pontevedra: na Escola de Enxeñaría Forestal das 9.30 ás 14.30 horas, e na Praza da Ferrería das 15.30 ás 21.00 horas.

Vigo: na Praza Miralles das das 9.30 ás 14.30 horas, e na Escola de Enxeñaría Industrial das 15.30 ás 21.00 horas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica

Os Prismas convocan unha categoría sobre océanos polo 25 aniversario do Aquarium

Os traballos deben presentarse antes do 3 de xuño. Os galardóns están impulsados polo Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses

Volven as Líridas: como ver esta chuvia de estrelas dende Galicia

O fenómeno astronómico, que se poderá ver ata o xoves 25 de abril, será pouco visible a causa da lúa chea

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da Academia

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización