Xoves 25 Abril 2024

Estes son os mellores resultados das universidades galegas no ránking de Shanghai

Vigo e Santiago sitúanse entre as 100 mellores en disciplinas como Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos, Oceanografía ou Veterinaria

A lista ARWU (Academic Ranking of World Universities) tamén coñecido como ránking de Shanghai, unha das referencias para medir a calidade académica e docente das institucións educativas de todo o planeta, sitúa ás universidades galegas entre as 300 mellores do mundo nalgunhas disciplinas. Aínda que tanto Santiago de Compostela (situada no rango 501-600) como Vigo (601-700) experimentan unha caída na clasificación xeral respecto a anos anteriores (A Coruña non aparece entre as 1.000 destacadas na listaxe global), as tres institucións galegas conseguen situar algunha das súas disciplinas entre as 300 mellores do mundo.

Así, a UVigo colócase entre as 75 mellores (rango 51-75) en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos (onde a USC está no rango 151-200), e aparece tamén no ‘top 100’ en Oceanografía. A USC destaca entre as 100 mellores no eido da Veterinaria.

Publicidade

En canto ao ‘top 200’, aparecen máis departamentos de institucións galegas. Santiago sitúase no rango 151-200 en Odontoloxía e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas, mentres que Vigo fai o propio no eido de Enxeñaría da Telecomunicación.

A Coruña consigue situarse entre as 300 mellores en Enxeñaría Civil. Neste rango tamén aparecen en Xestión Turística a UVigo e a USC. Este é o resumo das mellores posicións acadadas polas institucións académicas galegas:

Podes consultar o ránking de Shanghai ao completo nesta ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Investigadores de Vigo proban con éxito un deseño de antena para un vehículo lunar

O dispositivo facilitará o sistema de comunicación durante as incursións das covas atopadas no satélite

Daniel Rey, director do CIM: “Queremos atraer as mellores científicas e científicos do mundo”

O centro vigués sitúase entre os mellores centros de investigación oceanográfica internacional

Un tratamento da USC para deixar de fumar logra a abstinencia do 77% de participantes

O estudo demostra que o uso de recursos tecnolóxicos, como as videochamadas e aplicacións móbiles, son efectivos para abandonar o tabaco

O festival científico CinVigo encheu a Porta do Sol de ciencia e ilusión

Participaron máis de 220 alumnos de Secundaria, Bacharelato e FP que presentaron 58 proxectos na feira celebrada na cidade olívica