Xoves 28 Marzo 2024

Os Premios Sofía Novoa galardoarán traballos académicos a prol da igualdade

A Deputación de Pontevedra convoca a sexta edición do concurso, que repartirá máis de 5.000 euros entre as investigacións participantes

Os Premios Sofía Novoa volven reivindicar a igualdade co arranque da súa sexta edición. Estes galardóns, impulsados pola Deputación de Pontevedra, poñen en valor os traballos académicos que integran a perspectiva de xénero nas súas páxinas. Así é que a institución provincial destacará todos aqueles traballos de Fin de Grao ou de Fin de Máster, independentemente da súa rama de coñecemento, que mostren unha defensa activa dos principios da igualdade.

Estes galardóns van dirixidos aos alumnos da Universidade de Vigo que cursaran os estudos nos dous campus da provincia: o de Vigo e o de Pontevedra. As persoas interesadas poderán solicitar estes premios, sempre e cando a súa investigación se desenvolvese durante o curso 2020-2021. O prazo de inscrición rematará o 15 de outubro e as solicitudes deberanse presentar, preferiblemente, a través da sede electrónica da Deputación.

Publicidade

Máis de 5.000 euros

En relación á contía dos premios, os Sofía Novoa repartirán máis de 5.000 euros entre os gañadores. Os galardóns distribuiranse en dúas categorías: Traballo de Fin de Máster e Traballo de Fin de Grao. Cada unha delas terá dous premios, dotados con 1.000 euros cada un, e un accésit, que repartirá 600 euros. É dicir, a Deputación de Pontevedra dará ata un máximo de seis premios nesta sexta edición dos Sofía Novoa.

En relación ao xurado, este avaliará de maneira anónima todos os traballos presentados. En cada un deles valorará aspectos como a calidade das investigacións, o seu carácter innovador, o emprego da linguaxe inclusiva, o uso de referencias e fontes bibliográficas e a aplicabilidade do seu estudo. De igual maneira, valorarase a utilización da lingua galega con ata 10 puntos.

Unha muller silenciada

Estes premios, ademais de valorar a perspectiva de xénero no ámbito académico, serven para pór en valor a figura de Sofía Novoa. Dende a Deputación de Pontevedra salientaron o seu forte compromiso coa cultura e especialmente coa música, chegando a definila como “unha muller silenciada” pola historia. Ademais disto, Novoa foi unha pedagoga que impulsou un ambicioso proxecto educativo para que moitas mulleres puidesen acceder á educación superior e puidesen ocupar máis espazos públicos.


Para máis información, podes consultar as bases dos VI Premios Sofía Novoa na seguinte ligazón.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:36:16

“As mulleres teñen que dar un paso adiante e crer que poden emprender”

Na segunda sesión de Ciencia en Feminio a CEO de Hifas da Terra, Catalina Fernández, explica que a ciencia debe ser “vendible” e beneficiosa para a vida das persoas
00:36:16

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. O emprendemento das mulleres

A doutora en Investigación Clínica en Oncoloxía pola Universidade de Santiago, Catalina Fernández, conta a súa experiencia como directora xeral de Hifas da Terra
00:57:23

“En ciencia, moitas veces tes que demostrar que es tan capaz como un home”

A primeira actividade do ciclo 'Ciencia en feminino' analiza as vocacións científicas e como mantelas pese aos obstáculos por ser muller
00:57:23

EN DIRECTO | Ciencia en feminino. As vocacións científicas

A bióloga Alicia L. Bruzos, a enxeñeira espacial Uxía García Luis e a paleontóloga Blanca Moncunill Solé falan da súa experiencia como mulleres de ciencia