Venres 19 Abril 2024

Premio da Sociedade Británica de Ciencia Animal para un estudo de Lugo sobre vacas

A British Society for Animal Science vén de conceder o premio Sir Kenneth Blaxter a Ángel Abuelo Sebio, un investigador do Departamento de Patoloxía Animal da USC contratado a través do programa FPU do Ministerio de Educación que está a desenvolver o seu labor investigador na Facultade de veterinaria do campus de Lugo.

O premio outorgado pola Sociedade Británica para a Ciencia animal ten por obxectivo ofrecer oportunidades a destacados investigadores mozos mediante o financiamento de proxectos específicos de investigación que permitan mellorar as habilidades e experiencias dos beneficiarios/as. Cómpre subliñar, sen embargo, que este galardón soamente recaeu en dúas ocasións anteriores en persoas de fóra do Reino Unido.

Publicidade

A relación entre insulina e produción de leite centra a investigación de Ángel Abuelo

O proxecto de investigación polo que Ángel Abuelo Sebio vén de acadar o premio Sr Kenneth Blaxter trata de afondar no coñecemento da fisiopatoloxía da resistencia á insulina durante o postparto no gando vacún de leite. Este proceso fisiolóxico é habitual en tódolos mamíferos despois do parto e a través do que se garante a produción de leite, explica este doutorando en Veterinaria.

No caso do gando vacún e debido á elevada produción de leite, relata o investigador, este proceso é excesivo, de xeito que acaba por favorecer o padecemento de numerosas patoloxías, unha pobre fertilidade e unha diminución na produción de leite. Porén, Abuelo defende que un mellor coñecemento deste proceso axudará a establecer medidas correctivas nas explotacións de vacún leiteiro para incrementar a súa rendibilidade.

Ademais de Ángel Abuelo, no desenvolvemento deste proxecto de investigación tamén participan os directores da súa tese de doutoramento, os profesores na Facultade de Veterinaria de Lugo José Luis Benedito, Cristina Castillo e Joaquín Hernández, así como o estudante do grao en Veterinaria no campus de Lugo Víctor Alves e unha veterinaria clínica.

Curriculum do galardoado

Ángel Abuelo é egresado da Facultade de Veterinaria da USC, onde tamén cursou os estudos de máster e onde dende finais do 2011 está a realizar os estudos do Programa de Doutoramento en Medicina e Sanidade Veterinarias no grupo de investigación METANIMAL, baixo a dirección dos profesores José Luis Benedito, Cristina Castillo e Joaquín Hernández. Con anterioridade xa ten recibido bolsas de diversos organismos (Fundación Barrié, Servizo Alemán de Intercambio Académico e Ministerio de Educación) para a realización de estadías de investigación nas Universidades de Cornell (EE.UU.), Múnic (Alemaña) e Royal Veterinary College (Reino Unido), respectivamente.

Abuelo fai unha residencia en Alemaña de especialización en medicina bovina

Ademais dos seus estudos de doutoramento, o beneficiario atópase no seu terceiro e último ano de residencia no European College of Bovine Health Management, a cal está a realizar entre o Departamento de Patoloxía Animal e a Clínica para Ruminantes da Universidade Ludwig-Maximilians de Múnic (Alemaña). Abuelo Sebio é ademais o primeiro veterinario español que realiza este programa de especialización europeo en medicina bovina e o único residente europeo na Facultade de Veterinaria da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os bebés expostos ao tabaco teñen maior probabilidade de consumir antibióticos

Un estudo galego analiza os factores asociados ao consumo deste medicamento cunha mostra de 18.882 mulleres

As feces dos osos da cordilleira Cantábrica falan… e teñen boas noticias

Un estudo no que participa a USC investiga o estado actual de saúde destes exemplares para impulsar a recuperación das poboacións

A historia da primeira industria galega que empregou a máquina de vapor

Un estudo da USC analiza ‘La Victoria’, a descoñecida fábrica de fundición e louza da Coruña creada en 1844

Este mecanismo dana a capa dos nervios en doenzas como a esclerose múltiple

O estudo realizado por un equipo de investigación do CiMUS publícase este venres na prestixiosa revista ‘Science Advances'