Xoves 25 Abril 2024

Premian á Universidade de Santiago polo seu “elevado” nivel de transferencia

O reitor da Universidade de Santiago, Juan Viaño, recolleu este xoves no Ministerio de Educación, Cultura e Deporte o Premio Universidade Empresa que a Red Española de Fundaciones Universidad Empresa (REDFUE) lle concedeu á USC polo seu “elevado nivel de transferencia”. O acto estivo presidido polo secretario de Estado de Educación, FP e Universidades, Marcial Marín, e contou tamén coa presenza da directora da Axencia Estatal de Investigación, Marina Villegas, e do secretario Xeral de Universidades, Jorge Sáinz.

A USC foi pioneira na xestión de transferencia baixo modelos de Empresa de Base Tecnolóxica

Desde hai case tres décadas a Universidade compostelá ten mostrado o seu compromiso coa transferencia de resultados de investigación á sociedade. Non en van, é a primeira universidade española en solicitudes de patentes PCT e foi pioneira na xestión de transferencia baixo modelos de Empresa de Base Tecnolóxica impulsando o primeiro programa de emprendemento universitario (Empresa Concepto) e creando Unirisco, primeira sociedade de capital risco e iniciativa universitaria. Ademais, a USC mantén unha relación aberta e consolidada coa empresa, cunha media de 250 contratos de I+D ao ano, máis de 400 clientes/socios fidelizados e a xestión de catro Unidades Mixtas universidade-empresa.

Publicidade

Este premio, manifestou Viaño en Madrid, “implica para nós unha maior autoesixencia e é o recoñecemento a unha traxectoria e a un compromiso reiterado co valor social da investigación pública eo seupapel na consolidación  dunmodelo de crecemento económico e social sostible”.

O reitor compostelán lembrou tamén que a aposta da súa universidade pola transferencia de I+D derivou en 300 empresas promovidas, das cales máis de 50 son de carácter tecnolóxico altamente innovador. “Mais eses números –dixo– non ocultan a cada vez maior complexidade que presentan as cadeas de valor do coñecemento innovador. Por iso estamos obrigados a xestionar con eficiencia, pero tamén con certa valentía, os novos modelos de xestión público-privada que faciliten os procesos de investigación-transferencia”.

A aposta da USC pola transferencia derivou en 300 empresas promovidas

Pola súa banda, o presidente da REDFUE, Eduardo Manrique, destacou que “as empresas nuns anos necesitarán traballadores diferentes e por tanto é necesario identificar o perfil do “empregado do futuro” para formalos agora. É imprescindible que o mercado de traballo, en xeral, e o sistema educativo en particular estean preparados e ofrezan respostas adecuadas. No só as empresas teñen que prepararse, senón tamén as universidades”.

REDFUE instituíu no ano 2000 os premios Universidade Empresa co obxecto de recoñecer as colaboracións máis destacadas entre os mundos universitario e empresarial e supoñen un impulso á cooperación e a competitividade, ao tempo que contribúen ao avance da sociedade. No apartado de empresa, este ano gañou Ingeteam pola súa colaboración estreita con diferentes universidades españolas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Start-ups con ADN galego triunfan grazas á súa aposta pola ciencia e innovación

Indestia, Innogando, Neutron Insights, Diversa e Psico VR convértense en pouco tempo en referentes do emprendemento na comunidade 

Unha nova iniciativa de Clúster TIC impulsa o emprendemento tecnolóxico galego

As propostas seleccionadas contarán co respaldo de socios da entidade para optimizar os seus modelos de negocio

Galicia avanza para contar cos seus propios medicamentos CAR-T nos próximos anos

A finais de ano abrirá un centro de produción en Santiago e un proxecto de investigación traballa para aplicalos en tumores sólidos

Así era Castro Valente: a fotografía láser recrea a muralla da gran fortaleza medieval galega

Un estudo da USC usa as novas tecnoloxías para ampliar información sobre o xacemento de 10 hectáreas situado entre Padrón e A Estrada