Venres 29 Marzo 2024

Xornada de portas abertas á cidadanía nos centros singulares da USC

Galicia ten sobrados e recoñecidos exemplos de excelencia científica, pero non sempre son coñecidos pola cidadanía. Para intentar achegar a súa actividade diaria á poboación, os tres centros singulares do Campus Vida da USC (CiQUS, CiTIUS e CiMUS) celebran este sábado 2 de decembro unha xornada de portas abertas á cidadanía galega.

O obxectivo da actividade é amosar a calidade dos seus resultados de investigación, no marco dunha xornada na que os visitantes poderán comprobar de primeira man o valor engadido destes tres centros de referencia na mellora da calidade de vida dos cidadáns.

Publicidade

No programa de actividades deste sábado figuran demostracións con drones, robots ou lentes 3D, obradoiros de experimentos de química e biomedicina, circuítos de xeración de enerxía, teatro científico e charlas divulgativas con expertos como Ángel Carracedo, María José Alonso ou Senén Barro, entre outros.

Cada un dos tres centros singulares da USC aborda unha parte do coñecemento e a investigación científica, e conta con algúns expertos que son referencias internacionais no seu ámbito de traballo. O CiQUS explora as a aplicacións da química na saúde ou a industria, o CiMUS traballa na prevención, comprensión e tratamento de enfermidades crónicas como o cancro a través de disciplinas como a xenética ou a bioestatística, mentres que o CiTIUS desenvolve novidosas investigacións nas tecnoloxías da información e a comunicación.

Inscrición

As persoas interesadas en participar na xornada deste sábado poderán inscribirse de xeito gratuíto a través desta ligazón. O programa está destinado á toda familia, con posibilidade de realizarse en quenda de mañá ou de tarde, así como en itinerarios personalizados en función do tempo dispoñible por parte dos participantes. Os menores de idade só poderán permanecer no interior dos centros baixo a responsabilidade dun adulto (máximo 2 nenos/adulto). Os adultos deberán acompañar ós menores de 6 anos en todo momento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Nanotecnoloxía galega contra o tumor cerebral máis común

Un estudo da USC abre a porta a unha nova aproximación terapéutica que podería posibilitar un ensaio clínico nun prazo de tres anos

A UVigo reivindica no Día Mundial da Auga a importancia do seu acceso universal

A universidade impulsa a concienciación través dunha serie de pódcast con nenos e nenas e dun concurso escolar de microrrelatos

Un equipo galego sinala os lípidos en sangue como biomarcadores de covid persistente

Investigadores do CiQUS ofrece unha nova perspectiva sobre a natureza desta enfermidade e abre a porta a diagnósticos e tratamentos máis específicos
00:03:09

As patacas teñen lingua propia: o vídeo dunha galega finalista nun certame de divulgación

A investigadora da Misión Biolóxica de Galicia Lucía Martín Cacheda presenta unha peza audiovidual sobre a comunicación química das plantas