Os mapas históricos de Galicia xa se poden descargar na web da USC

Carta xeométrica actualizada no 1917, coas estradas xa existentes nese momento.
Carta xeométrica de Domingo Fontán actualizada no 1917, coas estradas xa existentes nese momento.

A Biblioteca da USC está a desenvolver un proxecto para a preservación e difusión a través de internet da súa colección de mapas, algúns deles pezas de singular valor. Son un total de 600 documentos aos que a tecnoloxía posibilita unha revitalización a través da súa dixitalización o que facilitará a súa difusión e acceso a través do repositorio institucional Minerva onde poden ser consultados, visualizados e descargados de xeito libre e gratuíto.

Publicidade

O proceso de dixitalización atópase actualmente en desenvolvemento e comezou polos mapas anteriores a 1900 relacionados con Galicia. A día de hoxe, todos os antigos e relativos á comunidade autónoma, un total de 20, están xa catalogados na base de datos Iacobus. Ademais o repositorio Minerva xa conta coa correspondente versión dixital de 14 destes documentos, cifra que se completará en datas próximas. O proxecto da Biblioteca para dixitalizar as súas coleccións do fondo antigo contribuirá á súa preservación en paralelo coa súa difusión a través da rede, posibilitando así o seu uso remoto e continuado por parte de persoal investigador e estudosos/as.

Xa están dispoñibles 14 documentos, aos que se sumarán máis en breve

Conservados na Biblioteca Xeral da USC, entre os distintos mapas conservados atópanse exemplares “realmente curiosos e valiosos”, como explica a directora da Biblioteca Mª Isabel Casal. É o caso do ‘Map 212’, mapa manuscrito orixinal en cor do proxecto de creación do que hoxe en día é o parque da Alameda de Santiago, de Blas Galiano e datado en 1831, considerado o plan de reforma desta zona da cidade e de facto da creación do parque.

Outro exemplo único é o rexistrado como ‘L 5064’ e que a partir da Carta geométrica de Domingo Fontán impresa en 1845 inclúe unha actualización manuscrita coas estradas e liñas de ferrocarril dispoñibles en 1917. A actualización do traballo de Domingo Fontán foi obra de Antero Rubín Homent. Finalmente, entre os fondos tamén se atopa o ‘Map 201’, un dos máis antigos mapas de Galicia dos que se conservan na cartoteca universitaria compostelá, o ‘Plano de las Rías de Ferrol, Coruña y Betanzos’, datado en 1787.

O repositorio Minerva creouse hai tres anos para albergar, difundir en acceso aberto e preservar os documentos derivados da actividade institucional, científica e docente da comunidade universitaria da USC. Ademais e tomando como mostra o labor que se está a desenvolver arredor dos mapas depositados na USC, o seu fondo tamén abarca a dixitalización do patrimonio documental da institución académica compostelá. O proxecto inscríbese no marco do movemento internacional denominado Open Access (Acceso Aberto), iniciativa que promove o acceso libre e gratuíto á literatura científica e académica como medio para mellorar o sistema de comunicación científica e o acceso ao coñecemento.

4 COMENTÁRIOS

  1. Ola! Para os interesados en mapas históricos aquí vos deixo algúns enlaces a repositorios nos que podedes encontrar abundante material que cubra as nosas latitudes. Algúns como a biblioteca americana ou a británica dispoñen ademais de visores xeográficos. É dicir, pódese filtrar o material cartográficos dispoñible para unha determinada zona.
    Biblioteca Nacional de España http://www.bne.es/es/Colecciones/GeografiaMapas/
    New York Public Library Nueva York http://maps.nypl.org/warper/maps/geosearch
    Online Maps (British Library, ICC…) http://www.oldmapsonline.org
    David Rumsey Map Collection http://www.davidrumsey.com/

    Un saúdo!

  2. Vivo en Negueira zona vitivinícola de gran interese pero en grave estado de abandono, ya hace años pide ver una cartografía de Asturias con las zonas dedicadas a los viñedos en la antigüedad, es posible encontrar estos mapas de Galicia y donde. Gracias y enhorabuena por vuestro trabajo. Dora

  3. Una gran iniciativa!
    Ya hay bastante material y creemos que lo mejor está por llegar!
    Como respuesta al comentario de Amador, decirle que jugando un poco con el buscador o mirando por el material de la letra M se pueden encontrar algunos. Tal vez haya una forma mejor, pero no la hemos encontrado. Si quieres ver más mapas antiguos puedes verlos en http://www.ign.es/fondoscartograficos/
    Suerte en la búsqueda!

  4. Considero de especial interese os mapas antigos de Galicia e gustariame saber como reproducilos

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.