O reitor Juan Viaño xunto a Joaquín Pardo, na inauguración da mostra. Foto: Santi Alvite.
O reitor Juan Viaño xunto a Joaquín Pardo, na inauguración da mostra. Foto: Santi Alvite.

O Museo de Historia Natural abre a mostra de minerais da colección Pardo

O Museo de Historia Natural da USC exhibe ata o mes de maio a colección mineralóxica Joaquín Pardo, resultado de máis de 50 anos de traballo en covas, entulleiras e minas, ademais de intercambios, doazóns e compras. A mostra, que inaugurou esta mañá o reitor Juan Viaño, inclúe a reprodución dunha mina que os visitantes poden percorrer e así descubrir nas súas paredes os minerais da colección.
A colección de Joaquín Pardo, que a primeiros de ano doou ao Museo da USC, conta con máis de 5.500 pezas procedentes de xacementos de todo o mundo; minerais clásicos, activos, esgotados, singulares e ocasionais obtidos por recolección directa, por intercambio, por compra ou por doazón.
A exposición posúe un destacado valor científico e cultural, xa que ademais de conter representación de practicamente a totalidade das clases mineralóxicas, todos os exemplares están documentados axeitadamente. “Sen dúbida –dixo o reitor na inauguración–, falamos dunha colección que vai enriquecer sensiblemente o patrimonio do Museo de Historia Natural, abrindo novas portas á capacidade científica, didáctica e cultural da nosa universidade”.
A exposición ‘A colección mineralóxica Joaquín Pardo no Museo de Historia Natural da USC’ permanecerá aberta ata maio no horario do museo (de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00 e os domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.